Conclúen as obras de mellora nos accesos á praia do Prado

    RIBEIRA> O executivo ribeirense informou do remate das obras de humanización levadas a cabo en varios accesos á praia do Prado, na parroquia de Corrubedo. A actuación, que levou aparellada pavimentación, saneamento e mellora de pluviais, supuxo un investimento de máis de 61 mil euros e foi acometida pola empresa Vioder, S.L. A obra enmarcábase dentro do Plan de Obras e Servizos da Deputación, POS 2013.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí