![]()
RIBEIRA> O texto, que foi refrendado por tódolos grupos con representación municipal, incide na defensa da profesionalidade e bo facer mariñeiros ribeirenses.
{flowplayer}barbanza/declaracioninstitucionalribeiradefensapesca.flv{/flowplayer}
Aínda que non estaba incluído na orde do día, a totalidade dos grupos políticos con representación municipal acordaron por unanimidade esta declaración institucional en defensa da flota pesqueira de Ribeira. No texto, ó que deu lectura o alcalde, Manuel Ruíz, pídese, entre outras cuestións, un trato igualitario para os barcos ribeirenses que operan en calquera outra zona da Unión Europea e das costas españolas, así como as mesmas condicións para tódolos buques, independentemente do país de procedencia, e que os produtos pesqueiros importados teñan as mesmas condicións de salubridade e trazabilidade.
Respaldo ó novo reparto
Na declaración tamén se recolle un respaldo claro o novo reparto por modalidades de pesca, que supón un avance respecto ó anterior modelo no que se debe seguir progresando, ó igual que na transferencia das cotas, lembrándolle ó Goberno de España e á Unión Europea de seguir defendendo os intereses da flota pesqueira galega, na que Ribeira ten un peso importante.
Redacción Barbanza










