Veciños da urbanización Lamas e Andrés reclaman novamente melloras na zona

    POBRA> Trátase dunha vella queixa dos veciños, que denuncian o estado de abandono no que se atopan actualmente os espazos públicos e a pista polideportiva.

    {flowplayer}barbanza/queixasmalestadourbanizacionlamaseandres.flv{/flowplayer}

    Non é a primeira vez que os veciños desta urbanización en pleno casco urbano pobrense amosan o seu malestar . A falla de coidado dos espazos públicos é unha queixa constante dos residentes. As protestas diríxense tamén ó mal estado no que se atopa a pista deportiva municipal, na que adoitan xogar os rapaces da urbanización. Non hai canastras, e a única portería que hai na actualidade non cumpre coas normativas de seguridade neste tipo de espazos. Ademais a rede que rodea a pista está completamente rota.

    Gran investimento

    Dende o concello argumentan que nos últimos anos investíronse importantes partidas en acondicionar este espazo.

    Terreo privado

    Un dos problemas existentes radica en que un pequeno espazo de terreo na zona é privado, polo que o concello está a espera de solucionalo nos tribunais para poder executar unha actuación en condición.

    Redacción Barbanza