O executivo sonense satisfeito coas medidas do Plan de Axuste

PORTODOSON>  Cumpríronse tódalas previsións iniciais, aumentándose significativamente os ingresos, máis dun 5% por riba do obxectivo, e reducíronse os gastos, nun 2% sobre o agardado.

{flowplayer}barbanza/planaxusteconcelloportodoson.flv{/flowplayer}

Conscientes da necesidade de mellorar a xestión municipal, debido á grave situación económica das arcas municipais, o equipo de goberno de Porto do Son nada máis ter acceso á alcaldía, púxose mans á obra en artellar, a través do departamento de Facenda, dun Plan de Axuste. Un ano despois da súa posta en marca fan un balance altamente satisfactorio, unha vez analizados os datos que se desprenden do informe de intervención.

Niveis endebedamento

En canto ós niveis de endebedamento, estes sitúanse ó redor do 84%.

Continuidade

Dende o concello sinalan que van a continuar nesta liña, de cara a poñer en orden a situación económica e sanear as contas municipais, cumprindo coa estabilidade orzamentaria e sen poñer en risco os servizos e prestacións que se lle dan ós veciños. O informe do plan de axuste seralle presentado ós grupos da oposición no próximo pleno ordinario, a celebrar o vindeiro xoves sete de marzo.

Redacción Barbanza