O xuíz Vázquez Taín presenta a súa novela en Vilagarcía

     VILAGARCÍA> Santiago. La Leyenda del Santo Oculto, unha historia que xira en torno ó Códice, ó Apóstolo e a Galicia.

    {flowplayer}images/salnes/LibroVazquezTain_010313.flv{/flowplayer} 

    O xuíz José Antonio Vázquez Taín voltou onte á que segundo dixo, é a súa segunda casa. En Vilagarcía foi onde este ourensán medrou profesionalmente, loitando durante anos contra o narcotráfico. Onte cambiou a toga pola pluma e presentou o seu libro, Santiago. La Leyenda del Santo Oculto, unha historia que xira en torno ó Códice, ó Apóstolo e a Galicia e na que o autor di que Vilagarcía ten moito que ver. 

    Esta primeira novela de Vázquez Taín foi editada por Teófilo Comunicacións. O seu director, José Luís Teófilo, agradeceu que o xuíz elexise a súa editorial para dar luz a este libro.

    Un centenar de persoas, algúns amigos feitos durante a súa estancia en Vilagarcía, achegáronse ata o Centro Comercial Arousa para que o xuíz lles asínanse o libro. Di que está a traballar xa nunha segunda novela que esta si, xirará en torno ó narcotráfico.

    Redacción Salnés