ABAS promove un programa de saídas culturais e de ocio para persoas con doenzas mentais

RIBEIRA> A Asociación ABAS está a desenvolver dende o pasado mes de xuño un programa de ocio inclusivo dirixido a persoas con doenzas mentais.

A iniciativa, que xa realizou diversas saídas a Vimianzo, Ézaro e Portugal, terá continuidade este mesmo domingo cunha travesía pola Ría de Arousa. Na experiencia participarán unha ducia de persoas.

Dende a entidade xa se anunciou que haberá novas saídas ata finais de ano.

A proposta conta coa colaboración da asociación A Creba, así como tamén do Concello, que apoia economicamente a proposta.

As persoas interesadas en participar destas experiencias poden obter máis información escribindo ó correo electrónico da entidade: coordinador.abas.asoc@gmail.com.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí