Un sextante pasa a engrosar os fondos do museo municipal

    RIBEIRA> Trátase dun instrumento náutico propiedade da familia Sobrido que quedará en depósito no museo ribeirense.

    {flowplayer}barbanza/doazonmuseomunicipalribeira.flv{/flowplayer}

    Este é o momento no que Silveiro Sobrido lle entrega ó alcalde, Manuel Ruíz, o sextante que, en réxime de depósito, pasa a integrar os fondos da colección permanente do museo municipal. Segundo explicou o seu propietario trátase instrumento náutico de mediados do século XX. A peza foi mercada en Irlanda polo seu pai no ano 1947.

    Agradecementos

    O rexedor ribeirense agradeceu a doazón por parte da familia de Silverio Sobrido e destacou a importancia que esta ten para o Museo.

    Ademais do doador e o alcalde, o acto contou tamén coa presenza da edil de Cultura, Elvira Pisos, e da directora da sala, Pilar Casas.

    Redacción Barbanza