Tanxil, as Cunchas e a Torre son xa ‘Praias sen Fume’

RIANXO> O concello de Rianxo incorporouse este ano á Rede Galega de Praias sen Fume, unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia para combater o tabaquismo. O simple xesto de encender un pitillo este verán en calquera dos tres principais areais dos que dispón o concello de Rianxo: Tanxil, as Cunchas ou a Torre será máis complicado de ver. Non estará prohibido nin conlevará sanción algunha, xa que a iniciativa, que forma parte do Programa Galego dunha Vida sen Tabaco, da Dirección Xeral de Saúde Pública, non ten un fin recadatorio, pero si educativo. A finalidade…concienciar á xente da importancia de deixar de fumar. Hai uns días o executivo rianxeiro instalaba nestes tres areais a sinalización pertinente na que se advirte da prohibición de fumar. Moitos bañistas descoñecían a adhesión destes areais ó programa, aínda que a maioría deles mostrábanse satisfeitos coa iniciativa. Rianxo é o cuarto municipio barbanzán en adherirse a esta iniciativa de ‘Praias Sen Fume’ despois de Boiro, Ribeira e Porto do Son.