Zona Aberta sortea 300 euros en vales polo Día do Pai

     VILAGARCÍA> A campaña arrancou hoxe e porá o peche o 20 de marzo, día no que se celebrará o sorteo nas oficinas de Zona Aberta

    {flowplayer}images/salnes/CampanaPaiZona_040313.flv{/flowplayer} 

    Para ser o gañador deste concurso tan só hai que cumprir un par de requisitos: o primeiro por suposto, ser pai; o segundo, consumir no comercio asociado a Zona Aberta e encher co nome e o número de teléfono o ticket de compra en calquera destes establecementos, sexa cal sexa o gasto realizado nel. O premio, 300 euros en vales de compra para gastar nos comercios de Zona Aberta.

    Dende Zona Aberta pretenden reactivar o consumo no pequeno comercio da cidade, logo das precoupantes cifras de venta que lles deixou tanto as festas de Nadal como o período de rebaixas.

    A campaña do Día do Pai arrancou hoxe e porá o peche o 20 de marzo, día no que se celebrará o sorteo nas oficinas de Zona Aberta ás2030 horas.

    Redacción Salnés