A Xunta asumirá o custe case íntegro dos SPADS

     VILAGARCÍA> A Xunta de Galicia asumirá o custe dos SPADs ou Servicios de Prevencións e Atención á Drogodependencia galegos…

    {flowplayer}images/salnes/rueda_fgcn_050313.flv{/flowplayer}

    … financiando con fondos propios a parte que agora xa non sufraga o Goberno Central. Deste xeito o Goberno Galego escoita as reivindicacións de colectivos ben destacados na nosa comunidade na loita contra o consumo e o tráfico de drogas.

    Representantes da Consellería de Sanidade reuniranse en breve con membros da FEGAMP para intentar acordar os vieiros de colaboración cos que materializar estas achegas. Unha financiamento que suporá en moitos dos casos case a totalidade do seu custe, pero que estará supeditado sempre ó grao de colaboración entre os Concellos da contorna que se beneficien deste servicio.

    Asemade, a Xunta de Galicia contempla tamén seguir axudando ós colectivos vencellados á loita contra o narcotráfico como é a Federación Galega Contra o Narcotráfico, unha vez que entre en vigor o orzamento deste ano.

    Precisamente estes anuncios do Vicepresidente da Xunta e Conselleiro de Xustiza producíanse fai escasas horas na súa visita á sede da Fundación Galega contra o Narcotráfico na Arousa. Aquí, Rueda recibiu puntual información sobre as conclusións do último foro contra o narcotráfico celebrado en Bamio.

    Estas mesmas resolucións serán presentadas tamén en breve ante unha comisión mixta do Congreso e do Senado, co fin de avanzar no ámbito lexislativo na loita contra o tráfico de estupefacientes.

    Redacción Salnés