O auditorio ribeirés acollerá este venres a Gala do Deporte

    RIBEIRA> No acto coñecerase a identidade dos dezasete gañadores deste certame en distintas categorías.

    {flowplayer}barbanza/presenatciongaladeporte.flv{/flowplayer}

    O edil de Deportes Juan Luis Martínez adiantou hoxe algunhas das peculiaridades da Gala do Deporte de Ribeira, que este ano chega a súa oitava edición. A cita terá lugar no auditorio municipal a partir das oito da tarde do venres. Haberá grandes sorpresas. Unha delas será coñecer a identidade dos 17 gañadores do certame das 40 candidaturas presentadas en diferentes categorías entre as que se atopan mellor deportista masculino e feminino, mellor club local ou ó patrocinio deportivo.

    Mencións especiais

    Si se deu a coñecer o nome das tres mencións especiais que se entregarán no evento. Unha delas terá por destinatario a Moncho Sampedro, especialista en sendeirismo pertencente á Asociación As Miñoteiras; as outras dúas serán a título póstumo para José Manuel Pérez Sampedro, ‘Mariscal’, persoa moi ligada ao deporte local, e a Miguel Rodríguez, Miguel do Áncora, quen fora fundador da liga de fútbol sala, recentemente falecidos.

    Entrada gratuíta

    A entrada á gala será libre e gratuíta. Os interesados só terán que retirar as súas entradas media hora antes do comezo da mesma.

     Redacción Barbanza