Ribeira traballa na busca de máis chan industrial

RIBEIRA> En plena fase de tramitación da ampliación do polígono de Ribeira, o concello traballa xa na busca de máis chan industrial para o municipio. O alcalde mantivo un encontro con responsables do IGVS para urbanizar unha reserva de terreo duns 100 mil metros cadrados.

O alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz, e o presidente da asociación de Empresarios, Francisco Martínez, mantiveron un encontro co director do Instituto Galego de Vivenda e Solo para plantexarlle a necesidade de habilitar más chan industrial do municipio.  A intención do concello é utilizar os terreos reservados para o Plan Sectorial da Xunta, os cales poderían executarse por parcelas.

Se os prazos de tramitación administrativa o permiten, o concello agarda que as obras de adecuación dos novos terreos poderían estar en execución antes de rematar a actual ampliación, prevendo ademais a interconexión das dúas áreas empresariais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí