

{flowplayer}barbanza/rpasociacionmadoan.flv{/flowplayer}
A primeira das actividades desenvolverase este domingo na praza do Cantón da Leña a partir das doce e media do mediodía. Alí darase lectura a un manifesto coincidindo coa celebración do Día Internacional da Muller Traballadora, e haberá unha solta de globos e unha exhibición de baile.
'Como previr o maltrato'
Durante todo o curso a entidade está a desenvolver en colaboración cos centros educativos existentes no municipio, unha campaña de reparto de guías para nenas sobre como previr o maltrato.
Outras actividades
Outras das actividades que desenvolverá Madoán ó longo do ano será un concurso fotográfico baixo o título ‘A muller no século XXI’, un taller de autoestima dirixida a mulleres e diferentes charlas sobre hábitos alimenticios, sanidade ou igucldade. Tamén está previsto levar a cabo diferentes cursos de formación para mulleres desempregadas e celebrarase a primeira carreira popular feminina.
Redacción Barbanza