Destacados expertos debullaron en Noia as claves da criminalística forense

NOIA> Destacados expertos déronse cita en Noia para participar no Curso de Criminalística Forense enmarcado no Campus do Emprendemento e do Saber que acolle a vila ata finais de ano.

Este mediodía chegaba á súa fin o curso de criminalística forense que dende o luns se desenvolveu no Casino de Noia no programa do Campus do Emprendemento e do Saber.  Foron moitos os expertos que nestes días debullaron os procedementos que utilizan os CDI como a inspección ocular, balística, toxicoloxía ou a elaboración de perfís criminolóxicos.

Unha das citas máis destacadas do programa foi a mesa redonda que analizou o papel de xuíces, avogados e policías na loita contra o crime, que contou coa participación do xuíz José Antonio Vázquez Taín.

A loita contra o lume tamén tivo o seu oco no programa deste concorrido congreso cunha charla sobre o labor preventiva da Policía nacional a cargo do sexretario xeral do Sindicato Unificado de Policía en Galicia, Roberto González.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí