![]()
PONTEVEDRA> Vender Lacasitos nesta Avenida de Galicia en Cambados vai a supoñer para dous mozos do Salnés…
{flowplayer}images/salnes/xuizo_narcotrafico_070313.flv{/flowplayer}
… cadansúa pena de ano e medio de prisión. A diferencia radica en que dentro destes botes da famosa chocolatina de cores o que había eran os outros lacasitos; pastillas de éxtase coñecidas polo seu potente poder alucinóxeno. Óscar C. C. e Rubén P. R veñen de aceptar esta condena de cárcere e unha multa de cincocentos e mil euros, respectivamente, amais das costas xudiciais, por un delicto contra a saúde pública, na vista que ven de celebrarse esta mañá na sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra.
Os feitos xulgados tiveron lugar en agosto do 2007 cando axentes da Garda Civil sorprenderon a Óscar vendendo pola xanela dun coche estacionado no centro de Cambados, medio gramo de cocaína. Daquela levaba enriba unha bolsa con quince papelinas de cocaína e un bote de Lacasitos que portaba no seu interior unhas 34 pastillas de éxtase. Sería Rubén o que lle tería facilitado a droga o día antes para a súa venda. Nun posterior rexistrado á vivenda deste último en Altín, Sanxenxo, encontráronselle dous botes baleiros destas chocolatinas e uns 90 comprimidos de éxtase; amais doutros enseres destinados ó trapicheo.
A Fiscalía pedía inicialmente penas de catro anos de prisión para eles, pero finalmente as dilacións indebidas e un acordo ca defensa, deron nesta importante reducción que foi aceptada polos acusados que xa anunciaron a súa intención de non recorrer.
O caso quedou visto para sentencia e os acusados saían minutos despois da vista oral polo seu propio pé da Audiencia, xa totalmente reinsertados na sociedade, segundo se apurou a declarar a avogada defensora.
Redacción Salnés







