Alonso: ‘A illa de Tambo pasará a ser de uso e goce civil’

    MARÍN > Durante a súa visita, o ministro de Defensa, José Antonio Alonso asegurou a continuidade da carga de traballo de empresas galegas como Navantia, ata polo menos o ano 2011. Ademais felicitou á unidade da Brilat despregada actualmente en Afganistán e que recalcou, regresará desta misión o vindeiro mes de marzo. Sobre o destino da Illa de Tambo para uso civil, explicou que a medio prazo estará dirixida a uso e goce dos cidadáns, pero sempre baixo a tutela do estado.

    alonsofirmamarin_200_140207.jpgO ministro José Antonio Alonso destacou en Marín o alto grao de implantación do que gozan os centros militares en Galicia así coma as excelentes relacións coa industria local, que recibe un alto volume de contratación, de fragatas e vehículos todoterreno principalmente, creando desta forma centos de postos de traballo directos e miles indirectos. É o caso de Navantia nas súas sedes galegas de Fene e Ferrol.

    Alonso destacou ademáis a recente contratación das labores de mantemento para as fragatas da armada que contan cun presuposto de 82 millons de euros para o que é preciso manter os postos de traballo actuais alomenos durante polo menos catro anos. Galicia construíu xa as cinco fragatas coas que conta a Armada española e hoxe o ministro asegurou que será aqui tamén, en Galicia onde se contrúa a sexta. Este novo buque é segundo José Antonio Alonso unha necesidade para o estado, que prevé como data de entrega o ano 2011.

    Recordo á Brilat

    O ministro de Defensa tivo tamén un recordo moi especial para os soldados da Brilat de Pontevedra destinados actualmente en Afganistán e que fai dous días sufriron un accidente preto da base española de Herat. Alonso quixo tranquilizar ás familias e asegurou que toda a dotación regresará a España ó longo do vindeiro mes de marzo logo de finalizar a súa misión. A este respecto quixo da-la noraboa a todo o continxente da Brilat polo excelente traballo que están a realizar sobre un terreo tan complicado e inestable como é o de Afganistán.

    Finalmente tratou outros temas como o previsible uso civil da Illa de Tambo. Antigo polvorín da propia escola naval de Marín, o ministro asegurou que se atopa pendente do proceso de desafectación para poder ser cedida a outro ministerio, con toda probabilidade o de medioambiente, coa finalidade de poder ser desfrutada por toda a cidadanía.

    Redacción Salnés