O edificio da farmacia será derrubado antes do verán

     RIANXO> Segundo informou o alcalde, Adolfo Muíños, a empresa propietaria do inmoble xa presentou no concello o proxecto de demolición.

    {flowplayer}barbanza/derrubeedificiofarmaciarianxo.flv{/flowplayer}

    Se todo marcha sobre o previsto, antes do verán, o edificio da antiga farmacia situado á entrada da praza Castelao será derrubado. O alcalde, Adolfo Muíños, informou que a empresa propietaria do inmoble, sobre o que pesa unha sentenza en firme de derrube, xa presentou o proxecto de demolición e pagou as taxas da licenza de obra correspondente.

    Monumento ó feismo

    A futura demolición do edificio evitará novos casos de desprendementos de cascotes á vía pública, que foron frecuentes durante algún tempo e que mesmo obrigou ó concello a actuar co tapiado das fiestras, así como poñerá punto e final a unha vella e desagradable estampa de entrada á vila, ó supoñer un auténtico monumento ó feismo.

    Redacción Barbanza