O BNG pide que as mariscadoras non teñan que facer vixilancias

       BOIRO> Os nacionalistas instan á Xunta á derrogación dos artigos que obrigan ás mariscadoras a realizar estes labores para poder renovar o Permex.

    {flowplayer}barbanza/bngboirosobremariscadorascabodecruz.flv{/flowplayer}

    O BNG de Boiro presentará unha moción ó pleno para instar á Xunta a derrogar os artigos nos que se establece como requisito obrigatorio para poder renovar o Permiso de Explotación realizar labores de control, protección e vixilancia dos bancos marisqueiros. Os nacionalistas consideran que esta medida supón un alto nivel de perigosidade para os mariscadores, dos que máis do 90% son mulleres. Unha cuestión esta que, segundo eles, non parece preocuparlle á consellería de Pesca.

    Redacción Barbanza