O adianto dos comicios trunca as eleccións primarias do PSdeG

    primarias_psoecopy.jpgSALNÉS/BARBANZA> Non as poderán celebrar por falta de tempo. Por iso, o partido elixirá ó seu candidato no Comité Nacional convocado para o sábado.

    {flowplayer}images/salnes/REACCIONS_PSOE.flv{/flowplayer}

    Trala anunciou do Presidente da Xunta de adiantalos comicios galegos ó 21 de outubro, o Partido Socialista terá que elixir ó seu candidato no Comité Nacional convocado para o vindeiro sábado. O farán despois de que, por falta de tempo, non poidan celebrar as eleccións primarias que tiñan previstas.

    Polo de agora, o único candidato que amosou a súa proposta firme é o actual Secretario Xeral, Pachi Vázquez. Outros nomes que se barallaban coma o do exsecretario Xeral do PSOE, Pepe Blanco, xa comunicou, confirmaron desde o partido, que non se vai presentar. Pola súa banda, o exministro de xustiza, Francisco Caamaño, aínda non se pronunciou ó respecto.

    E é que para os socialistas esta convocatoria non responde máis que ó fracaso das políticas de Feijoo. Tal e coma explicou a Secretaria Provincial por Pontevedra, Tania García, non hai ningún argumento de peso para que se adianten os comicios autonómicas en Galicia. Entende que o anticipo non responde máis que a un interese electoral e non real.

    En canto ós argumentos esgrimidos por Feijoo para xustificalo anticipo tampouco convencen ás filas socialistas. Entre outras cousas, din que o goberno actual ten maioría absoluta e deberían ser eles, aseguran, os que os elaborasen os orzamentos para o 2013.

    Con todo, Pachi Vázquez valorou que este adianto supón unha gran oportunidade para logralo cambio en Galicia.

    Redacción Salnés