![]()
POBRA> O PSOE da Pobra volverá a levar a pleno a solicitude de despachos para os grupos municipais na casa consistorial.
{flowplayer}barbanza/posepobralocaisoposicion.flv{/flowplayer}
Os socialistas levan anos demandando que se habiliten locais para os grupos da oposición na casa do concello xa que na actualidade o equipo de goberno non recolle a documentación que os veciños deixan para o resto dos grupos nas dependencias municipais.
Non se trata dunha demanda nova senón que o grupo socialista xa o tiña solicitado hai máis dunha década e mesmo o propio partido popular cando estaba na oposición.
Dado que os orzamentos de 2013 aínda non están aprobados piden que se inclúa unha partida para a dotación destes despachos.
Redacción Barbanza









