BOIRO> Máis de setenta profesionais déronse cita no I Encontro de Xestores Culturais celebrado en Boiro. O grande éxito de participación abre a porta á continuidade deste evento que busca converterse nun lugar de reflexión conxunta entre os distintos segmentos do eido cultural.
O Pazo de Goiáns acolleu ó longo desta xornada o primeiro encontro de profesionais da xestión cultural. Máis de setenta persoas participaron na cita que pretende converterse nun lugar de intercambio de experiencias e de reflexión conxunta facilitando tamén a creación dunha rede de contactos en todo o ámbito cultural.
Ademais de charlas e coloquios sobre a situación actual do sector, procedeuse á presentación dos manuais de boas prácticas para espectáculos ó vivo e de artes visuais e tivo tamén lugar unha visita teatralizada á finca e ó pazo de Goiáns.
O grande éxito desta primeira máis supón un acicate para seguir a programar de xeito periódico este encontro que naceu con vocación de continuidade.