Arranca en Outes o programa Renatur para a recuperación do cauce do río Tins ó seu paso pola Serra

OUTES> Outes acolleu a presentación institucional do programa Renatur. Trátase dun proxecto promovido polo concello e financiado pola fundación Biodiversidade para a recupreación ambiental do treito urbano do río Tines. Conta coa colaboración das tres universidades galegas e da Fundación CEER.

A renaturalización do cauce do río Tins e a súa integración medioambiental e urbanística no tecido urbano ó seu paso pola Serra. Este é o obxectivo que persegue o proxecto Renatur que vén de arrancar en Outes. Esta mañá tiña lugar o acto de presentación institucional na casa da cultura.

A presidenta da Fundación sinalou que o proxecto foi seleccionado posto que entronca cos valores que promove o Plan de Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Renatur Outes está dotado con preto dun millón de euros que se investirán no desenvolvemento de actividades divulgativas e de sensibilización así como accións concretas sobre o cauce do río como a retirada de especies invasoras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí