A Carreira da Guía celebrará a súa 20ª edición o Día das Letras Galegas

RIBEIRA> A carreira da Guía celebra este ano a súa vixésima edición. Será o 17 de maio na parroquia ribeirense de Carreira. Poderán competir dende pitufos ata veteranos cun máximo de 200 participantes.

Ribeira acollerá o próximo 17 de maio unha das súas probas deportivas máis lonxevas. A carreira da Guía cumprirá vinte anos da man da asociación de veciños de Carreira. Dará comezo ás dez e media con saída dende as inmediacións da capela e un percorrido de seis quilómetros na categoría absoluta. Os pequenos, posto que competirán dende pitufos ata veteranos realizarán circuítos máis curtos en función da idade.

Dado que a proba coincidirá co Día das Letras Galegas, a xornada contará co acompañamento musical das cantareiras de Carreira, nun guiño ó colectivo homenaxeado este ano. Ó remate servirase unha paella para tódolos asistentes. As inscricións estarán abertas ata  xoves día 15 a través de galitiming.  teñen un custo de sete euros para adultos e de balde para nenos.

A edición deste ano estará dedicada a Juan Antonio Argibay Pérez, moi vinculado ó atletismo ribeirense.