GALICIA> Convocadas as eleccións ás confrarías galegas para o vinte nove de setembro. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o decreto polo que os órganos de goberno dos pósitos estarán en funcións e tan só poderán realizar actos de xestión ordinaria. O 29 de setembro celebraranse eleccións nas sesenta e tres confrarías galegas. Así o establece a resolución publicada hoxe no DOG . Os comicios darán comezo ás dez da mañá e os colexios electorais permanecerán abertos un mínimo de catro horas e un máximo de oito, segundo o plan electoral de cada confraría. O voto por correo poderá solicitarse a partir do 27 de xullo, un día despois da publicación do censo definitivo. As eleccións desenvolveranse en tres partes. Primeiro elixiranse os órganos de dirección das confrarías, despois votarase nas tres federacións provinciais e finalmente elixirase o presidente da Federación Galega. Máis de doce mil profesionais do mar están chamados ás urnas. A partir de agora, as directivas das confrarías e federacións están en funcións e tan só poderán realizar trámites ou actividades propias da xestión ordinaria.
Inicio BARBANZA