O concello de Boiro non fará público o borrador do PXOM ata que non teña a versión definitiva

    revisionpxomboiro_100_080909.jpgBOIRO> O concello de Boiro traballa no estudo do borrador do PXOM que acaba de recibir por parte da empresa redactora, Consultora Galega S.L..

    {flowplayer}barbanza/revisionpxomboiro.flv{/flowplayer}

    O edil de Urbanismo de Boiro, Xoán León, informou da recente recepción do borrador do novo plan xeral do municipio. Nestes intres, dende o concello están a estudar o documento por si é preciso remitilo novamente ó equipo redactor para introducir modificacións. Ata ese momento, cando o documento estea listo para a súa aprobación por parte do concello e remisión á Xunta de Galicia, non se fará público.

    De feito, o informe remitido pola propia Consultora Galega, responsable da redacción do plan, advirte do carácter segredo do documento que ‘de facerse público poderían derivarse situacións que chegaran mesmo a inviabilizar as determinacións do propio PXOM’.

    Resposta ó PP

    Con esta comparecencia pública, o concelleiro de Urbanismo saía ó paso das acusacións formuladas polo Partido Popular nas que acusaban ó executivo de falta de transparencia por non difundir o contido do avance do PXOM.

    Xoán León quixo dexar claro que, unha vez que o documento sexa definitivo, estará a disposición de tódolos veciños, incluídos os grupos da opsoción. De feito, apra finais deste mes ou principios do que vén, ténicos da empresa redactora ofrecerán unha exposición en liñas xerais do documento para os grupos da oposición e determinados sectores sociais con representación no municipio.

    Redacción Barbanza