Jesús Alonso é nomeado ‘Cidadán Distinguido’ de Masagua

     BOIRO> O galardón foille concedido ó empresario boirense en recoñecemento á contribución que Rianxeira América está a realizar no desenvolvemento económico e social desta localidade.

    {flowplayer}barbanza/jesusalonsocidadandistinguidomasagua.flv{/flowplayer}

    Con gran emoción o presidente de Jealsa-Rianxeira, Jesús Alonso, recibía de mans da alcaldesa de Masagua, Blanca Alfaro, o título de Cidadán Honorario e Distinguido deste municipio. No acto, celebrado na sala de xuntas da factoría que a conservería boirense posúe no Bodión, tomaron parte tamén varios dos seus fillos, membros do consello de administración do grupo, que pasa por ser un dos máis importantes do mundo. A propia rexedora do municipio guatemalteco deu lectura á acta do pleno no que a corporación acordou por unanimidade conceder este galardón ó empresario boirense e recoñecer, de paso, coa medalla empresarial a Rianxeira América pola súa contribución ó desenvolvemento económico e social de Masagua.

    Agradecemento

    Jesús Alonso agradeceu este recoñecemento, destacando os avances acadados na factoría que o grupo posúe en Masagua, cuxos inicios se remontan ó ano 2003. Trátase dunha planta de lomos de atún na que traballan 420 persoas, na súa maioría mulleres

    Na delegación guatemalteca, acompañamdo á alcaldesa de Masagua, atopábase tamén a rexedora de Ocós, Edilma Navarijo, que lle trasladou ó empresario boirés o especial interese que ten este municipio en que a empresa teña a ben facer tamén algún tipo de investimento.

    Redacción Barbanza