As plataformas de emigrantes retornados reuniranse este domingo en Santiago

RIBEIRA> As plataformas de emigrantes retornados de toda Galicia manterán un encontro este domingo en Santiago. Mentres tanto, no Barbanza volveron saír á rúa para manter vivas as súas reivindicacións. Lonxe de darse por vencidos os emigrantes retornados do Barbanza seguen a facer ben de ruído na rúa co fin de dar visibilidade á discriminación fiscal á que denuncian estar sometidos. Mentres no eido político non están a atopar o apoio das institucións, a xustiza si que lles dá a razón coas numerosas sentenzas favorables que obrigan a devolver o declarado, especialmente ós casos que cotizaron en Alemaña.