A Xunta avanza na loita contra o furtivismo

BARBANZA> A Policía Autonómica e os Gardacostas requisaron máis de 175 toneladas de peixe e marisco e fixéronse con máis de 24 mil aparellos ó longo de 2017.

175 toneladas de peixe e marisco e máis de 24 mil aparellos de pesca comisados durante o pasado ano 2017. Os datos veñen a mostrar a dimensión do problema do furtivismo e da importancia do traballo que, dende a Xunta, en colaboración cos corpos e forzas de seguridade do Estado, se realiza, para combater esta práctica ilegal e perigosa.

Un traballo de colaboración entre o Servizo de Gardacostas e os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado que segundo a propia titular de Mar, Rosa Quintana, posibilitou que dende o ano 2009 se  incrementaran os comisos nun 348 %.