RIBEIRA> Esta fin de semana daba comezo en Ribeira o programa ‘Imos ó Baile’. Esta iniciativa enmárcase no Plan de Dinamización da Terceira Idade promovido pola concellería de Servizos Sociais e busca ofrecer unha alternativa de lecer ós maiores de tódalas parroquias.
Un total de 18 actuacións compoñen o programa ‘Imos ó Baile’ que se desenvolverá ata o mes de xullo polas distintas parroquias de Ribeira. Os primeiros en disfrutar do baile foron os xubilados de Ribeira que onte mesmo asistían á actuación do grupo Charada.
Os bailes terán lugar sempre en fin de semana ou días festivos, en horario de oito e media da tarde a once da noite e amenizado por catro grupos: Charada, Reflejos, Matices e Mar Davila.
O programa de actuacións foi consensuado cos clubs de xubilados de Ribeira, Palmeira, Aguiño e Corrubedo así como o centro Santa Uxía da Terceira Idade e a Sociedade Recreativa de Artes.