![]()
POBRA> Á espera do informe dos peritos da aseguradora a forte tormenta da fin de semana puido ser a orixe do lume.
{flowplayer}barbanza/incendiopiscinapobra.flv{/flowplayer}
Un incendio rexistrado a pasada madrugada, ó redor da unha e media, obrigou á empresa adxudicataria da piscina municipal da Pobra a pechar as instalacións. Durante a xornada de hoxe foron moitos usuarios os que se achegaron ata a piscina, descoñecedores do que acontecera, tendo que dar volta, ó atoparse cas portas pechadas. Segundo nos sinalou a responsable das instalacións o lume afectou únicamente á zona de recepción na que se produciron cuantiosos danos materiais.
Balance danos
A empresa está a espera da avaliación dos danos por parte da aseguradora, aínda que sinalan que a piscina deberá estar pechada ó público alomenos varias semanas
A chamada dunha veciña, que alertou ós servizos de emerxencia evitou que o lume se propagara polo resto de dependencias da instalación, tanto ó vaso coma ós vestiarios e ó ximnasio.
Todo apunta a un fallo no cadro eléctrico como causa máis probable de orixe das chamas.
Redacción Barbanza







