Xulio Bustelo exerce xa coma novo presidente do PP noiés

    NOIA> A súa candidatura foi a única presentada ó congreso local que se celebrou esta pasada fin de semana. Bustelo obtivo o respaldo unánime da militancia. Nun congreso celebrado na casa de cultura, a militancia do Partido Popular de Noia elixiu a Xulio Bustelo coma novo presidente da executiva local. A súa candidatura foi a única presentada, obtendo o respaldo unánime dos afiliados desta formación. Coa elección de Bustelo culmínase un proceso de renovación do partido, despois da etapa de Antonio Pérez Ínsua. Aínda así moitos dos membros da anterior executiva repetirán nesta co reto de acadar a alcaldía nos vindeiros comicios municipais. No congreso tomaron parte destacados cargos do PP, entre os que se atopaban o vicesecretario xeral del PPdeG, actual conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, e o presidente provincial e alcalde da Coruña, Carlos Negreira. Os dous destacaron a valía e a capacidade de traballo mostrada por Xulio Bustelo e o seu equipo, confiados en que serán capaces de liderar unha nova etapa á fronte do partido en Noia, pois a pesar de ser a forza máis votada non poden gobernar. O acto serviu tamén de homenaxe e recoñecemento ó traballo realizado polo anterior presidente Antonio Pérez Insua durante os últimos años, ó que lle agradeceron a súa dedicación e compromiso co partido. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/10/congresolocalppnoia1003141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/10/congresolocalppnoia100314.mp4{/flowplayer}