MUROS> O BNG esixirá explicacións ó Ministerio para a Transición Ecolóxica. Os nacionalistas presentaron unha iniciativa no Congreso demandando medidas para frear o que cualifican de ‘emerxencia medioambiental’.
O BNG rexistrou xa unha serie de preguntas no Congreso dos Deputados demandando información ó Ministerio sobre as actuacións e medidas que ten previsto levar a cabo ante este episodio de contaminación mariña.
Mentres o vertido segue a estenderse polas costas galegas, alcanzando nas últimas horas puntos da Costa da Morte e mesmo da Illa de Arousa, os concellos non contan apenas con medios para a súa retirada e denuncian a falla de interese e o abandono do resto de administracións.