Barbanza recupera a normalidade tralo paso dun tornado

     BARBANZA> A comarca do Barbanza recupera a normalidade tralo paso dun tornado que deixou importantes desperfectos.

    {flowplayer}barbanza/consecuenciastornadobarbanza.flv{/flowplayer}

    Os operarios de Protección Civil afanábanse na retirada das polas e árbores caídas na zona de Coroso unha das máis afectadas polo paso deste tornado.

    Unha vivenda de Coroso sobre a que caeu unha árbore foi a que rexistrou danos maiores aínda que no resto das casas da zona tamén se rexistraron desperfectos como a rotura de cristais ou o desprendemento das cubertas. Malia os danos materiais o peor foi o susto vivido tal e como relataba un veciño da zona.

    O temporal causou tamén importantes danos na zona de Pedra Pateira onde arrancou ata oito árbores de grandes dimensións. Os operarios municipais procederon ó replantado daquelas que non resultaron danadas mentres dende o concello avalían os informes da policía local para facer unha estimación dos danos.

    Posibles axudas

    O alcalde xa se puxo en contacto co Instituto Galego de Vivenda e Solo e coa Consellería de Industria para solicitar a información sobre posibles axudas.

    No concello da Pobra rexistráronse tamén destrozos nas casetas de estibadores instaladas no peirao comercial. O concello acometeu unha reparación de urxencia para que hoxe puidesen traballar con normalidade. O presidente de Portos estima que o importe dos danos podería roldar os trece mil euros.

    Redacción Barbanza