En busca de acordo para volver licitar o polideportivo de Palmeira

     RIBEIRA> O concello confía en resolver proximamente o contrato coa adxudicataria do polideportivo de Palmeira. O obxectivo é chegar a un acordo amistoso para axilizar a nova licitación da obra.

    {flowplayer}barbanza/polideportivopalmeiragarderiaribeira.flv{/flowplayer}

    As obras do polideportivo de Palmeira permanecen paradas á espera de poder resolver de mutuo acordo o contrato coa empresa adxudicataria que se atopa en fase de liquidación.

    De chegar a unha resolución amistosa podería procederse a licitar novamente a obra no prazo dun mes.

    Bo ritmo

    Pola contra, as obras de ampliación da gardería que permaneceron paradas tamén pola creba da adxudicataria, marchan agora a bo ritmo e prevese que están rematadas no mes de maio. A intención do concello é poñer en marcha as instalacións de cara ó próximo curso.

    Redacción Barbanza