O BNG pide que o concello abandone SOGAMA

     POBRA> Os nacionalistas reclámanlle ó equipo de goberno a realización dun estudo para a súa incorporación á Mancomunidade Serra do Barbanza.

    {flowplayer}barbanza/bngpobrasobrerecollidalixo.flv{/flowplayer}

    Os nacionalistas pobrenses defenden un sistema de xestión ecolóxica e sustentable do lixo. Neste sentido poñen como exemplo a planta de compostaxe de Servia en Lousame para o tratamento de residuos, en contraposición con SOGAMA. Por esta razón piden o apoio da corporación para instar a un cambio na actual política de xestión de residuos da Xunta de Galicia. Queren que o Goberno Galego abandone a idea de construír unha nova incineradora en Galicia, destinando eses fondos ó financiamento de proxectos comarcais de reciclaxe e compostaxe. Tamén consideran necesario que o concello abandone SOGAMA e se integre na Mancomunidade Serra do Barbanza un sistema de xestión máis económico, máis ecolóxico e que crea máis postos de traballo.

    Máis contedores vidro

    Os nacionalistas pobrenses incidiron tamén a necesidade de mellorar o actual sistema de recollida de lixo municipal, atendendo así ás denuncias realizadas por moitos ceciños do concello. Piden máis contedres de recollida de vidro e tamén específicos para o depósito de pilas, lámpadas ou cd´s.

    Redacción Barbanza