O PP de Ribeira lamenta a escasa vontade de diálogo do goberno na elaboración dos orzamentos

RIBEIRA> O pleno de Ribeira someterá a aprobación este mércores os orzamentos para o presente exercicio. Dende o PP critican que o actual goberno non tentase buscar consenso á hora de elaborar o presuposto sen convocar ningunha xuntanza previa para que a oposición puidese facer as súas suxestións.
Este mércores a corporación de Ribeira celebrará un pleno extraordinario para aprobar os orzamentos de 2023 que levan dous anos prorrogados. Uns orzamentos que o Partido Popular considera calcados ós que eles someteron a votación ata en 3 ocasións sen conseguir sacalos adiante ante o rexeitamento dos grupos da oposición que agora ostentan o goberno.
Os populares destacan ademais a ampla marxe para inversión con que contará Ribeira neste exercicio posto que, insisten, deixaron unhas contas saneadas cun débeda que apenas supera o 50 por cento, un aforro bruto de 5 millóns e un aforro neto de 3.
A pesar de que non votarán en contra porque consideran prioritario que Ribeira conte cuns presupostos actualizados, destacan a escasa vontade de diálogo do executivo que non contou coa oposición para incluír as súas propostas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí