O PSOE deseña xa o programa electoral para as vindeiras municipais

     BOIRO> Inicia este xoves as súas 'Xornadas de Debate'. Este primeiro encontro versará sobre educación, contándose coa presenza do deputado Mario Bedera, ex-secretario de Estado de Educación.

    {flowplayer}barbanza/psoeboiroxornadasdebateeducacion.flv{/flowplayer}

    Unha das principais finalidades da agrupación socialista boirense coa realización destas ‘Xornadas de Debate’ é achegar o partido á sociedade, facéndoo máis participativo de cara ó deseño do futuro programa electoral coa que a formación concorrerá ós vindeiros comicios municipais.

    A intención do PSOE boirense pasa por celebrar estas sesión cun carácter bimensual. Comezarán xa este próximo xoves cun encontro que versará sobre Educación, no que se contará coa presenza de Mario Bedera, ex-secretario de Estado de Educación e Formación Profesional. A cita será ás oito da noite no centro social de Boiro.

    Mesa redonda

    O seguinte acto terá lugar o vindeiro luns 18, cunha mesa redonda na que intervirán docentes de secundaria e universitarios, un representante das ANPA de Boiro e un representante de alumnos.

    Redacción Barbanza