Dous intoxicados por un escape de gas en Ribeira

    escapegasribeira.jpgRIBEIRA> O suceso, que se producía esta madrugada nun edificio do centro da cidade, puido vir provocado polo deficiente funcionamento do quentador.

    {flowplayer}barbanza/escapegasribeira.flv{/flowplayer}

    O suceso producíase ó redor das dúas e cuarto desta pasada madrugada no edificio número 4 da rúa Mariño de Ribera, en pleno casco urbano de Ribeira. O 112 recibiu unha chamada de emerxencia mobilizando ó Grumir, urxencias sanitarias e bombeiros.

    Fallo quentador

    O escape de gas puido vir provocado por un mal funcionamento do quentador da vivenda.

    O feito de que o escape de gas se producira de madrugada evitou que se causase unha maior alarma entre os veciños do edificio, xa que a maioría deles durmían nese momento e non se percataron do acontecido.

    Controis periódicos

    Os equipos de emerxencias informaron ademais as pautas a seguir nun caso deste tipo, e a importancia de realizar controis periódicos da instalación.

    Redacción Barbanza