A Obra Social de La Caixa apoia economicamente ó labor de Cáritas

 NOIA> A axuda será destinada basicamente á compra de alimentos que posteriormente serán entregados ás familias máis necesitadas do municipio.

{flowplayer}barbanza/caritasnoiaaxudalacaixa.flv{/flowplayer}

Este é o momento no que o director da oficina de La Caixa en Noia, Cristóbal Lodos, lle entregaba ó responsable de Cáritas Parroquial, José Luís Rodríguez, o cheque por valor duns 300 euros procedentes da Obra Social da entidade. A axuda será empregada para financiar parte da compra de alimentos e demais axudas que presta a entidade ós máis desfavorecidos.

Máis axudas

Actualmente, Cáritas de Noia axuda a unhas 200 familias entregándolle cada certo tempo bolsas de comida e roupa. A situación actual é moi delicada, polo que dende a entidade fan un chamamento á solidariedade e a contribuír na medida do posible coa causa.

No acto o director da oficina de La Caixa en Noia, Cristóbal Lodos, fixo referencia ó labor de Cáritas en favor das persoas máis necesitadas.

Financiamento

Este tipo de axudas e doazóns que chegan á entidade, son fundamentalmente as que lles permiten dispor de financiamento para poder seguir desenvolvendo o seu traballo ó longo do ano.

Redacción Barbanza