NOIA> A concellería de Cultura de Noia traballa na conmemoración do centenario do Coliseo Noela. Será o próximo 24 de abril, nun acto que coincidirá precisamente co día da súa inauguración. Ese día realizaranse varias proxeccións que recollen varios testemuños da historia do inmoble e tamén se celebrará unha ‘zarzuela’, a cargo de músicos locais.
Cen anos non se cumpren tódolos días. Por estas razón a concellería de Cultura noiesa decidiu realizar un programa especial de actos e conmemorar o centenario do Coliseo Noela, un emblema da cultura na vila. A cita será o vindeiro 24 de abril. Coincidindo precisamente co día da súa inauguración. Para ese día está prevista a proxección de diversas entrevistas con persoeiros do mundo da cultura que falarán da súa vinculación co Coliseo.Tamén haberá unha actuación moi especial por parte de músicos locais que estará conducido por Ricardo Barreiro.
Pero non será o único. Coincidindo coa data na que en teoría se celebraría a feira de San Marcos tamén se decidiu organizar un concerto a cargo do músico Andrés Suárez. Será o día 25, ás sete da tarde.
O concerto terá cunha capacidade limitada, atendendo ás restricións impostas pola covid. As entradas xa están á venda dende hoxe a través da plataforma Ataquilla.com. O seu prezo será de dez euros.