Noia volve a ofertar este ano o seu festival internacional de Arpa

NOIA> Celebrarase os días 5, 6 e 7 de agosto. A actividade, que chega este ano a súa sétima edición, ten coma principais novidades a presentación de dúas publicacións.

A covid tampouco pode co Festival Internacional de Arpa Vila de Noia. Aínda así, a cita, que se desenvolverá os días 5, 6 e 7 de agosto, si estará condicionada pola actual situación, o que influirá no recurte de actividades de edicións anteriores como poden ser os obradoiros, a exposición dos instrumentos e mesmo limitar os concertos a unha soa actuación por día do festival.

Dúas serán as principais novidades deste ano. A primeira será a a presentación da primeira gravación discográfica de música clásica galega.

A outra novidade será a a presentación do libro CD ‘O uniforme movemento do divino’, que recolle o proxecto de construción dos instrumentos antigos existentes na arquivolta da igrexa de San Martiño.

Poñerá o broche ó festival deste ano o músico de Gambia, Mbye Ebrima, por primeira vez en Galicia, que achegará os sons africanos.

Para máis información os interesados poden consultar a web da propia organización noiaharpfest.gal ou Cultura Noia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí