A EDAR de Porto do Son estará en marcha a principios de 2010

visitaconselleirodepuradorason_100__200709.jpgPORTO DO SON> O Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, visitou as obras da EDAR de Porto do Son que podería estar rematada a finais de ano.

{flowplayer}barbanza/visitaconselleirodepuradorason.flv{/flowplayer}

Se as obras continúan a bo ritmo, a Consellería de Medio Ambiente prevé que a nova estación depuradora de augas residuais de Porto do Son entre en funcionamento durante o próximo trimestre de 2010. Así llo fixo saber o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ó alcalde nunha visita realizada esta mañá á zona. A nova foi recibida con gran satisfacción polo rexedor local que confía en que se cumpran os prazos.

Na actualidade, a obra civil está practicamente rematada, tanto os dous decantadores como o reactor biolóxico e a arqueta de recirculación de fangos. Neste mes comezará a instalación dos equipos. Tamén se atopa executada pratcicamente na súa totalidade a rede de saneamento, de máis de nove quilómetros, e tres dos seis bombeos proxectos, quedando pendente a tramitación dos de Portosín e Porto do Son.

Ampliación da rede

O alcalde, Manuel Tomé, aproveitou a presenza do responsable autonómico para solicitarlle a ampliación da rede ata a parroquia de Miñortos, unha actuación que rondaría os 300 mil euros. Hernández comprometeuse a presta-lo apoio económico necesario unha vez que o concello presente o proxecto.

Unha vez rematada esta actuación, enmarcada no plan de saneamento das rías galegas que está a reorientar o goberno autonómico, poranse en marcha unha serie de obras complementarias para avanzar de cara ó saneamento integral do concello.

Previamente á súa visita ás obras da EDAR, o Conselleiro tamén se achegou a visitar as obras do corredor Brión – Noia que podería estar rematado no primeiro trimestre de 2011.

Redacción Barbanza