O executivo confía en aprobar provisionalmente o PXOM en maio

 PORTO DO SON> Actualmente traballa na correción das eivas detectadas no documento pola Xunta.

{flowplayer}barbanza/avancespxomportodoson.flv{/flowplayer}

De reunión en reunión. O executivo sonense está a manter xuntanzas de traballo nas últimas semanas con diversos organismos, ben sexa a Secretaría Xeral de Urbanismo, Patrimonio ou Demarcación de Costas, nas que tamén está a tomar parte o equipo redactor do PXOM, de cara a consecución do informe favorable para poder levalo planeamento a pleno para a súa aprobación inicial. Segundo nos confirmou o propio alcalde, Luís Oujo, a súa intención pasa por poder realizar este trámite xa no pleno de maio.

Compromiso

O rexedor sonense destacou o bo traballo que está a realizar neste senso o departamento de Urbanismo, así como tamén a empresa redactora do Plan. Non agocha ademais o especial interese en sacar adiante o antes posible o PXOM, cumprindo así o compromiso de telo rematado antes do remate da súa lexislatura.

Ferramenta básica

O alcalde insistiu en que o documento é a ferramenta básica para o desenvolvemento económico do concello. O Plan terá unha vixencia de 20 anos, prevéndose a construcción de máis de tres mil vivendas.

Redacción Barbanza