Mecos organiza a I Bandeira Lavanova de bateis

 O GROVE> O Club de Remo Mecos presentou a regata Lavanova de Bateis que terá lugar este vinidero sábado. Nela daranse cita 20 clubes de toda a provincia de Pontevedra e case medio milleiro de deportistas.

{flowplayer}images/salnes/PtacBateisMecos_130313.flv{/flowplayer} 

A I Bandeira Lavanova terá lugar no Porto do Grove o sábado e dará comezo en torno ás catro da tarde. A proba está organizada polo Club de Remo Mecos e contará coa presenza de practicamente a totalidade de clubes da provincia de Pontevedra. Preto de 90 embarcacións e 500 deportistas daranse cita en augas grovenses, tanto homes, en infantís, cadetes, xuvenís e sénior, como mulleres, que competirán en promesas, xuvenís e abosulta. O único que pode botar atrás esta nova festa do remo é a climatoloxía. O vento a choiva poderían aprazala proba.

Xunto ó presidente Outeda, estivo tamén o concelleiro de deportes Alfredo Bea. Dende o goberno local aseguran que seguirán mantendo os apoios económicos ós clubes da vila para que poidan seguir desenvolvendo competicións coma esta.

Nesta I Bandeira Lavanova estarán en xogo trofeos para os tres primeiros clasificados en cada categoría e unha bandeira que a levará o club que máis puntos contabilice sumando tódalas regatas de tódalas categorías.

Redacción Salnés