O copago nos comedores incendia os ánimos na comunidade educativa

     PONTEVEDRA> O anuncio de copago nos comedores escolares segundo as rendas familiares ven a incendiar os ánimos das ANPAS…

    {flowplayer}images/salnes/comedores_escolares.flv{/flowplayer}

     … e da oposición. Á espera de chegar a entender o alcance na práctica destas medidas, os pais e nais dos alumnos beneficiarios deste servicio prepáranse para opoñerse rotundamente a estes recortes.

    A Federación de Asociación de Pais e Nais de Pontevedra permanece á expectativa da afectación que poida supoñerlle esta medida posto que as novecentas prazas de comedor escolar que se ofertan arestora en Pontevedra están xestionadas directamente polas ANPAS, para o que contan cunha subvención de corenta mil euros anuais do Goberno Galego.

    Pola súa banda, o Concello de Pontevedra asegura traballar con tódalas opcións aínda que asegura que os recursos neste caso distan moito de ser os de Vigo, onde o rexedor socialista xa adiantou que sería o Concello o que asumiría este servicio con fondos propios ante a negativa da Xunta. Os socialistas en Pontevedra falan de fraude electoral por parte do PP, de ataque á ensinanza pública e de dobre moral ca familia.

    Desde o PSOE provincial da Coruña aseguran que esta medida suporá a asfixia económica da familias mileuristas; e desde o sindicato nacionalista de traballadores do ensino STEG cualifican a medida de vergoñenta neste tempo de crise. Pola contra desde a Consellería de Educación aclaran que asumirán o sesenta por cento do custe dos comedores xestionados polas ANPAS e a totalidade dos que gobernan eles mesmos durante toda a lexislatura. Os baremos para o copago, reiteran, terán en conta tódolos membros da unidade familiar.

    Redacción Salnés