![]()
BARBANZA> A elección do cardeal arxentino Jorge Mario Bergoglio coma novo Papa foi seguida con especial atención polos veciños desta comarca. A maioría consideran un acerto esta decisión.
{flowplayer}barbanza/novopapa.flv{/flowplayer}
A elección do cardeal arxentino Jorge Mario Bergoglio como novo papa, agora xa Francisco I, foi seguida con especial atención polos veciños desta comarca.
A nova caeu con certa sorpresa, xa que era un candidato que non entraba ‘a priori’ nas principais quinielas.
O novo pontífice deberá afrontar importantes retos como a reforma da curia, para facela máis eficaz e transparente, un dos principais motivos que levaron á dimisión de Bieito XVI.
Na rúa, considérase tamén que a decisión tomada foi todo un acerto.
Redacción Barbanza











