A cerimonia dos Premios Otero Pedrayo homenaxea a Manuel Fraga

    premio_fraga copia100.jpgPONTEVEDRA> O galardón recoñeceu a labor do veterano político durante a súa carreira e á fronte da Xunta de Galicia.

    {flowplayer}images/salnes/PREMIOS_OTERO_PEDRAYO.flv{/flowplayer}

    Con este galardón, os representantes das catro deputacións, as tres universidades galegas, a Xunta e a Real Academia Galega, quixeron recoñecer a dedicación a Galicia do ex presidente autonómico e actual senador do PP. Manuel Fraga recolleu o premio a dezanove días do seu 88 aniversario, nunha homenaxe á súa carreira e á súa vida.

    O actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o dirixente da deputación pontevedresa, Rafael Louzán, foron os encargados de facer entrega da placa e o diploma que acreditan o Otero Pedrayo. Ambos glosaron a figura de Manuel Fraga, destacando a importancia da súa política galeguista para Galicia.

    Conselleiros, ex conselleiros, o ex presidente da Xunta, Gerardo Fernández Albor, ou o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, foron algúns dos asistentes á entrega dun dos premios máis importantes da cultura galega.

    Redacción Salnés