![]()
CAMBADOS> Esta fin de semana dispútase o Rally do Cocido, en Lalín, onde se darán cita preto de 100 competidores. Moitos deles do Salnés, como o xoven equipo Jarito Competición, que debuta baixo o amparo da escudería Desgüaces Tino.
{flowplayer}images/salnes/RallyCocido_150313.flv{/flowplayer}
A afección polo mundo do motor das xentes do Salnés ven de lonxe. Algúns como estes xóvenes, amantes dos rallies, decidiron unir paixóns e esforzos para crear o Jarito Competición, que debutará no Campionato Galego na proba do Cocido, en Lalín. O cambadés Alfonso Prieto é o piloto e o pontevedrés Jorge Ampudia o segundo de a bordo. Ambos contan 21 anos.
Piloto e copiloto contan xa con experiencia e diferentes probas, con bos resultados no caso de Alfonso no Rally Botafumeiro ou na Copa Yokohama, nas que conseguiu subrise ó podium. Iso si, nunca competiron xuntos. Sen embargo, sinalan que dende o primeiro adestramento houbo boa sintonía entre eles.
Detrás de Alfonso e Jorge, no Jarito Competición está o traballo de Andrés, que actúa como representante e Rubén, que é o mecánico. Tamén contan co apoio de Tino Iglesias que os ampara na súa escudería.
Co seu 205 Rally do 88 actuarán no Rally do Cocido a partir de mañá na categoría X12, na que pretenden acadar uns bos resultados. A súa menor experiencia con respecto a outros equipos, suplirana con gañas e valentía.
Redacción Salnés







