Os mellores nadadores cítanse no complexo Rías do Sur

 PONTEVEDRA> Acollerá do 21 ó 24 de marzo o Campionato de España Open de Primavera de Natación. Nel daranse cita preto de 400 deportistas, moitos deles de talla mundial como a dobre medallista olímpica Mireia Belmonte. Será no Complexo Rías do Sur, onde os nadadores buscarán as mínimas para estar no Mundial de Barcelona.

{flowplayer}images/salnes/PtacOpenEspana_140313.flv{/flowplayer} 

O Rías do Sur volverá a acoller un evento deportivo de primeiro nivel. As piscinas de Pontemuíños serán escenario do 21 ó 24 de marzo do Campionato de España Open de Primavera de Natación, sen dúbida a competición do ano en Pontevedra.

Estrelas deste deporte como Mireia belmonte, Rafa Muñoz ou Claudia Dasca acudirán á cita en busca da marca mínima que lles permita estar no Mundiais que se celeberarán en Barcelona. Xunto a eles, outros 400 deportistas, medio cento deles internacionais, pertencentes a máis de 100 clubes e representando a países, ademais de España, como Italia, Portugal ou Turquía.

No acto de presentación déronse cita numerosas autoridades, entre elas o Presidente da Federación Española de Natación, Fernando Carpena.  O alcalde Fernández Lores, sinalou que para Pontevedra é un orgullo organizar este tipo de eventos deportivos, que sirven tamén para dinamizar a actividade económica da cidade.  Neste aspecto o alcalde recalcou que moitos dos hoteis de Pontevedra e concellos limítrofes colgaron xa o cartel de completo para os días nos que se celebra este Open.

Redacción Salnés