Moral: “Creo que merecía un mellor resultado”

 VILAGARCÍA> Gabriel Moral, do club Olimpic de Vilagarcía, foi obxecto esta semana dunha pequena inxustiza deportiva. O xoven taekwondista ven de participar nos Campionatos de España de Técnica, en Freestyle. Ó tratarse dunha nova modalidade os árbitros encargados de puntualos exercicios semellaba que non coñecían moi ben os baremos que debían utilizar.

{flowplayer}images/salnes/EntrevistaOlimpic_190413.flv{/flowplayer}

En xogo estaba unha praza para o Campionato de España. Gabriel Moral acudía á cita en Marina D’Or coa ilusión de canda menos rematar entre os tres primeiros e coa certeza de ter preparado un exercicio completo, feito acorde ó reglamento internacional desta nova modalidade de técnica, o Freestyle.

Basouse nos exercicios que fixeron os primeiros clasificados no Mundial para crear a súa coreografía. Pero aquelas manobras que debían darlle un plus fronte ós seus contrincantes, foron valoradas de xeito negativo polos árbitros encargados de puntualas. O xurado non era coñecedor da normativa desta nova modalidade e provocou as iras tanto de deportistas, como do público.

Malia a decepción Gabriel non se desanima. Este estudiante de Fisioterapia, licenciado xa en INEF con tan só 22 anos, ten ás súas costas un extenso curriculum con campionatos galegos e subcampionatos nacionais. Conta con seguir dando guerra en vindeiras competicións.

Nesta competición tamén actuou o taekondista do Natural Sport de Ribveira, Jorge Gómez, que cun exercecio moi parecido ó de Gabriel, caeu ata a duodécima praza de entre os 15 participantes que concursaban.

Redacción Salnés